Skip links

DÚAS CARAPELAS por Santi Almuíña (Chef y Propietario del Meson Colon, en Lugo)

Fai anos que María e Miguel veñen polo Colón como amigos e tamén como clientes que saben o que lles gusta.

Valoran con criterio cada plato que sae dos nosos fogóns e conversamos sobretodo de gastronomía. Son bos comedores e experimentados catadores de sabores novos que nos atrevemos a cociñar. Tamén aman os animais. E comezan un proxecto moi atrevido e sabroso que tiven a sorte de seguir ata o seu fin e que despois de moito experimento e evolución convírtese en Bisqato, un gran queixo que sae das mans destas grandes persoas.

Bisqato artesanal con leite crú de vaca, pasta blanda, carapela lavada no caso de Lía e carapela con mofo no caso de Xiros, matices moi marcados, intensidade e distinción en cada bocadiño.

E con Bisqato Xiros elaboramos a primeira de moitas futuras recetas con este queixo tan singular. Pescada en semisalazón e roxós con pan de aromáticas, crema de Xiros e crocante da súa carapela.

Bo proveito!

Comentarios

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies